XORNADA MICOLÓXICA!

SAÍDA DE OUTONO!

O pasado xoves realizamos a nosa primeira saída do curso para visitar a exposición "El bosque. Mucho más que madera". 


Alí puidemos coñecer un pouco máis os bosques, as árbores,
 

os animais que viven neles....


e  a importancia que ten o seu coidado.

Ademáis tamén puidemos pasear pola Praza de España, xogar no parque do Campo Castelo, ver a catedral de Lugo e pasear pola nosa Muralla , observando as cores do noso entorno no Outono.





Chegamos ao cole moi cansadiños/as pero... mereceu a pena!
Pasámolo moi ben!

CHEGOU O MAGOSTO!


O pasado venres celebramos a chegada do Outono coa festa das castañas no cole.



Fixemos diferentes traballos sobre as castañas...







Cantamos cancións...

E ademáis tamén puidemos participar en diferentes xogos populares organizados polo profe de educación física e os nenos e nenas de sexto de primaria.






Pasámolo xenial!

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Ao longo destas últimas semanas estivemos facendo diferentes actividades para celebrar o Samaín.
Pintamos cabazas, decoramos unha cinta de morcego, cantamos cancións, escoitamos contos,...







Pasámolo de medo!