O DÍA A DÍA NA ESCOLA....



Despois de casi dous meses de cole (como pasa o tempo, verdade?), os máis peques do Cervantes avanzan a pasos axigantados... moitos e moitas xa se poñen e quitan o mandilón soíños, abotoándose coma verdadeiros chicos e chicas maiores....

















Ademáis, cada día traballamos un pouquiño mellor; os debuxos que facemos van quedando máis bonitos porque aprendemos a coller a cera correctamente, a non saírnos do debuxo, facendo raias pequenas... E sobre todo, mirando o que facemos!!








O de facer o tren para saír ó patio está controlado! Cústanos un pouco máis facelo para voltar a clase, pero seguro que dentro de pouco xa nos sairá xenial! E como vedes, xa nos sentamos todos xuntiños na alfombra a cantar cancións, ver contos...




En definitiva, estes pequenos e pequenos e pequenas están moi adaptados á rutina diaria, a cumprir as normas, a traballar... Ás veces esquécesenos algo, pero estamos aprendendo e é lóxico que de vez en cando nos teñan que recordar algunha cousiña....

Así que nenos e nenas, pais e nais, a seguir así, cada día mellor e mellor, traballando no cole e na casa para que estes peques aprendan e melloren cada día máis, porque ése é o xeito de crecer.

Aaah.. e atentos ó blogue que en breves chega o Samaín... e temos unha sorpresa familias!!! Que será? Truco ou trato?? Pronto o veredes...