O SEPRONA VISITA A NOSA AULA!


O pasado mércores recibimos a visita de dous membros do "SERVICIO DE PROTECCIÓN DA NATUREZA" 
(SEPRONA) que nos explicaron en que consiste o seu traballo, co fin de concienciarnos sobre o gran mal que os lumes ocasionan nos nosos ecosistemas.


A CHOIVA NON PUIDO COA SOLIDARIEDADE!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo


Un ano máis, a organización da III CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA quedou encantada coa numerosa participación, a pesar das inclemencias metereolóxicas.
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Mestres, nenos e nenas, pais, nais, avós e avoas... todos unidos por unha boa causa...

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!! 
CONTAMOS CON VOS 
PARA O ANO QUE VEN!!
* Podedes ver máis fotos AQUÍ.

SAÍDA AO "CASTRO DE VILADONGA"!



Hoxe os nenos/as e os mestres de educación infantil e do primeiro ciclo de primaria realizamos unha visita ao Castro de Viladonga, en Castro de Rei.


Visitamos o Museo do Castro de Viladonga e o propio Castro.








Alí puidemos coñecer e ver cos nosos propios ollos, como e onde vivían os nosos antepasados.
Ademáis, tamén tivemos a oportunidade de asistir a unha representación de monicreques:"Perico o cangrexo", pola compañía Titirimaña teatro.







Pasámolo  moi ben!


"A CAIXA DE MÚSICA"!

A caixa de música
 
O pasado 2 de Maio os nenos de Infantil asistiron á representación da obra "A caixa de música" a cargo da compañía de teatro Viravolta Tí­teres.
“A Caixa de Música” foi un espectáculo musical que combina tí­teres de mesa e luz negra con música para trí­o de piano, violí­n e clarinete interpretada en escena por Xosé Manuel Yáñez, Mariola Gil e Beatriz Rodrí­guez Caridad.
Cecilia e Salterio, xogando, estragan a pequena caixa de música de Calderón (músico ambulante). Pesarosa e arrepentida, Cecilia tratará de arreglala recuperando os sons que escaparon dela, aprendendo distintas combinacións de sons, que viven nunha gran“caixa de música".
 
 

UN AGASALLO PARA MAMÁ!

Para agasallar as nosas mamis polo "Día da nai" creamos uns broches coas nosas propias maniñas...
 
 
 
 
Amasamos...

 
Démoslle forma con diferentes moldes...



 
 

Pintamos e... un pouco de purpurina!!
 
FELICIDADES MAMÁS!



III CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA!!!!

Por terceiro ano consecutivo o 17 DE MAIO("DÍA DAS LETRAS GALEGAS")o COLEXIO CERVANTES organiza unha CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA.
Como novidade este ano doaremos parte da recaudación a axudar a familias necesitadas do noso barrio e outra parte será para UNICEF(para axudar na creación de tanques de auga,...).
O día da carreira tamén se recollerán alimentos, así como productos de primeira necesidade infantil(potitos, leite en po,toalliñas,...).
Para poder participar tedes diferentes formas de inscripción:
- Os adultos que desexen entrar na clasificación deben facer a inscripción na páxina CHAMPIONCHIPNORTE.COM
- Os demáis adultos deben mandar ao cole os datos persoais(nome,apelidos, data de nacemento e DNI) xunto con 3 euros.
- Os nenos/as deberán traer os seus datos e 1 euro ao colexio.