DESFILE ARDE LUCUS 2011.

A pasada fin de semana caracterizámonos de romanos e romanas para participar no desfile de colexios do ARDE LUCUS...






¡Grazas a todos/as os participantes!

Tedes máis fotos na web do cole.

SAÍDA AO PARQUE.

O pasado Luns realizamos unha saída ao parque para darlle a benvida ao verán.




¡PASÁMOLO XENIAL!

PAPELOTE VAI Á CASA DE SÉFORA.


Papelote pasou a fin de semana na casa de Séfora e pasouno moi ben.

FESTA DE CONVIVENCIA EN CASTROVERDE.

O pasado domingo celebramos a FESTA DE CONVIVENCIA de FIN DE CURSO  en Castroverde. Tivemos tempo para todo...xogos populares, baile...
Pasámolo xenial!




PAPELOTE VAI Á CASA DE HUGO.

O venres, despois da actuación do festival, Hugo cenou con papelote e despois durmiron xuntos. O sábado foron á casa da avoa e xogaron moito.Papelote portouse moi ben. O domingo almorzaron e xogaron cos xoguetes de Hugo.

COÑECEMOS O CASTRO DE VILADONGA.

Chelo, a nai de Antía, recomendounos un vídeo para coñecer o Castro de Viladonga... 


Serviunos para coñecer a vida de fai moitos, moitos anos...e gustounos moito.

¡Moitas Grazas Chelo!

PAPELOTE VAI Á CASA DE DANIEL.


Papelote foi pasar a fin de seana á casa de Daniel. Foron á casa da aldea, como todas as fins de semana e pasárono xenial. Estiveron xogando ao balón con Jorge e con Patricia, deron paseos,etc...
Pero o que máis lles gustou foi darlle de comer aos coellos.

OS ROMANOS VISITAN O NOSO COLE.

Falta pouquiño para que de comezo unha das festas máis populares da nosa cidade, o "Arde lucus".
Para celebralo recibimos a visita duns romanos moi especiais que nos falaron da nosa Muralla Romana e do importante que é o seu coidado.


UNHA CONTACONTOS ESPECIAL...

O pasado xoves, Mª Luz, a nai de Carla e Laura veunos contar un conto: o conto de: "El patito feo".
Encantounos coñecer o fermoso final de como este patiño se coverte nun fermoso cisne.



¡Moitas grazas MªLuz!