¡FELICES VACACIÓNS A TODOS/AS!

ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA.

Para celebrar a Semana Santa pintamos capirotes ou capuchóns de Seman Santa...




VISITA AO ACUARIO E AO PLANETARIO DA CORUÑA.

O pasado Xoves somerxémonos no Océano Atlántico no Aquarium Finisterrae  da Coruña e achegámonos aos planetas no Planetario.


 Fai "click" na imaxe para ampliar a información.

PAPELOTE VAI Á CASA DE NABIL.


Nabil pasou uns días estupendos con Papelote. Saíron de paseo e xogaron moito. Ademáis Papelote tamén coñeceu a Aya, a irmá de Nabil, e pasárono moi ben os tres xuntos.

LIBRO SOBRE TARTARUGAS...

ç

Alejandro P. trouxo ao cole un libro sobre tartarugas para seguir aprendendo cousiñas sobre estes fermosos animaliños...

PAPELOTE VAI Á CASA DE DELIA.


Delia púxose moi contenta o venres ao mediodía porque levaba a Papelote a pasar o fin de semana a súa casa.  Nada máis chegar a súa casa presentóullelo a súa familia e despois xantaron. Pola tarde os seus pais leváronos de compras e cando regresaron á casa esperábaos unha visita sorpresa: a súa curmá Eva.
O sábado Papelote acompañounos a ver o espectáculo de "Mamá cabra" e o domingo Papelote e Delia axudáronlle a súa nai coas labores da casa.
Delia estivo moi contenta o fin de semana con Papelote.

CELEBRANDO O "DÍA MUNDIAL DA SAÚDE".

Fai "click" na imaxe para ampliar a información.

UNHA CONTACONTOS ESPECIAL...


A mamá de Claudia, Paz, veunos contar un conto duns osiños.

Gustounos moito, porque puidemos aprender moitas cousas de como viven estes animaliños.

¡MOITAS GRACIAS PAZ!

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE CON BALÓNS.



PAPELOTE VAI A CASA DE GABRIEL.


Gabriel foise moi contento o venres do cole porque levaba a Papelote para a súa casa.
Gabriel e a súa irmá Miriam coidárono moito e xogaron moito con Papelote. Tamén durmiron xuntos a siesta e despois merendaron.
O luns, a Gabriel costoulle moito despedirse de Papelote porque tiñan que ir ao cole a seguir aprendendo moitas cousas.