HO, HO, HO...

O mércores recibimos unha visita moi especial...
a visita de Papá Noel...




FESTA DE NADAL E SORPRESA MÁXICA...

O pasado martes os nenos/as e mestres de infantil celebramos unha gran FESTA DE NADAL para despedir o trimestre...


Degustaron todo tipo de doces típicos destas datas e...





cantamos panxoliñas...


e... tivemos unha sorpresa máxica....





MOITAS GRAZAS "profe Alberto" por encher de maxia o noso nadal...!



3ª FESTA DE CUMPREANOS.

O pasado venres celebramos a última festa de cumpreanos do ano... Sheila, Alejandro, Moad e Sofián convidaronnos a uns aperitivos, zumos e unha deliciosa tarta...
MOITAS GRAZAS E...FELICIDADES AOS CATRO!



Vai á parte dereita do blogue para ver máis fotos.

CELEBRAMOS A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA...

const2.jpg

Para celebrar o día da "Constitución española" falamos dalgúns dos dereitos e deberes fundamentais... igualdade, educación,...
e fixemos uns traballiños...







OBXECTIVO CUMPRIDO!!!


Os máis peques do “NOSO BOSQUE ENCANTADO” cada vez están máis concienciados da importancia de non empregar papeis(aluminio, film transparente,…) para envolver os bocadillos de media mañá e o noso “Sapiño glotón” cada día está máis feliz…porque non ten que recoller o papel de aluminio empregado polos nenos/as.


¡NORABOA A TODOS/AS!

AFINANDO A PUNTERÍA....

O pasado venres na sesión de psicomotricidade  tivemos a oportunidade de afinar a nosa punteria "apuntando" a unha diana xigante...



ESQUÍO E LANDRA DE OUTONO.


Fai "clic" na imaxe para ampliar a información.

¡XA ME SEI LAVAR AS MANS!

Estas últias semanas estivemos traballando bos hábitos de autonomía e hixiene na aula, grazas á axuda de "Estrella" unha simpática mascota que nos ensina como e cando lavarnos as mans.
Pero non o traballaremos solamente no cole, no seguinte enlace  tedes  material para fomentar na casa esos bos hábitos:
www.estrella.es/yameselavarlasmanos