O PERÍODO DE ADAPTACIÓN


Como sabedes, estes días estámolos a dedicar á ADAPTACIÓN DOS NENOS Á ESCOLA.

Para a maioría esta é a primeira vez que se separan de vós. Coa familia séntense mais SEGUROS e protexidos e na Escola atópanse cunha situación TOTALMENTE descoñecida: non se coñecen cos outros nenos, nin coas educadoras, nin coñecen o centro......

É un cambio moi brusco, e por iso consideramos necesario este período para que o neno/a vaia pouco a pouco asimilando esta separación

É importante recalcar que CADA NENO/A NECESITA o SEU TEMPO, TODOS OS NENOS/AS NON SON IGUAIS, polo tanto a adaptación duns e doutros tamén será distinta.

¡ÁNIMO e PACIENCIA!

Aquí vos deixo algúns consellos que xa vos deI na reunión inicial pero que nunca vai mal recordalos:
- É importante que os nenos/as vos vexan CONVENCIDOS E CONTENTOS. Non vos sintades culpables (evitade comentarios como "pobre", qué pena".....).
- NON PROLONGUEDES O ADEUS. Despedirvos con naturalidade, polo camiño. Tampouco se trata de marchar correndo, se non lle dicides nada se sentirá abandonado. pouco a pouco irá entendendo que durante un anaco vós vos ides e el queda
- NON RETROCEDADES. Ás veces tentaravos dar media volta, pero se facedes isto acabará por utilizar o seu choro como arma.
- CREAR ACTITUDES POSITIVAS. Falar ben na casa das educadoras, dos outros nenos, do bonita que é.....
-NON FACER COMENTARIOS NEGATIVOS: "Se te portas mal irás á escola", " mira que a señorita che berrará"....
- Poden aparecer COMPORTAMENTOS DIFERENTES: pipí, rabechas, vómitos, falta de apetito.... Intentar non darlle importancia e sobre todo non facer comentarios mentres o neno está diante.
- INTERCAMBIAR TODA A INFORMACIÓN que facilite maior coñecemento dos nenos/as. Calquera cousa que se saia do habitual pode ser importante: enfermidade dun familiar, cambios de domicilio.... son pequenas cousas que nos axudan a coñecer mellor os vosos fillos.
- NON VOS ASUSTEDES. Poñémosvolo duro, pero de verdade, todo pasa e logo verédelos ir felices e contentos.

BENVIDOS Á ESCOLA


O ingreso na escola supón un cambio moi importante para o neno, pois é pasar do ámbito familiar, dun ambiente que sempre lle proporcionou seguridade, protección, a un ambiente novo e descoñecido para el, con outros nenos e adultos. Poden xurdir condutas particulares nas primeiras semanas, choro, pataletas, retraemento, etc.; pero débese ter presente que unha axeitada intervención axudará a superar este proceso e que non solo é un período de adaptación para os nenos/as, para os pais e a educadora tamén o é.

Na vida do neno/a, aínda que nalgúns casos ao principio a separación lle resultará dolorosa, o neno irao asimilando, e grazas a esta separación incrementarase a súa autonomía persoal e o seu grao de socialización, axudando na formación de hábitos e na estrutura da súa personalidade.

PRESENTACIÓN CURSO 2010-2011



A presentación do CURSO 2010-2011 terá lugar o próximo día 10.


Ás 12h. será para os alumnos/as de educación infantil e ás 11h. será para os alumnos/as de primaria.



¡ Ata pronto!