CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro conmemórase o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Coa celebración deste día preténdese dar unha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz.
Este día conmemórase ademáis a morte do lider nacional e espiritual da India. Mahatma Gandhi, o 30 e Xaneiro de 1948.

Na nosa aula falamos sobre a mensaxe básica deste día:"Amor Universal, Non violencia e Paz". O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra. 
Decoramos con algodón unha pomba da paz e ademáis aproveitamos para coñecer as letras que forman a palabra PAZ e cada un coloreounas ao seu gusto.

TERCEIRO PREMIO NO BELÉN VIVINTE

O pasado sábado o noso BELÉN VIVINTE foi valorado pola asociación de belenistas da nosa cidade cun TERCEIRO PREMIO.
¡NORABOA A TODOS E TODAS!¡SODES UN ARTISTAS!

MATEMÁTICAS. CADERNO 2.

Ao longo deste 2º trimestre traballaremos:
- Cardinais 1 e 2.
- Nocións básicas de medida: grande-pequeno, longo- curto.
- Propiedae dos obxectos: igual- diferente. Cor.
- Cuantificadores básicos: máis que.
- Nocións espaciais básicas: arriba-abaixo.
- Iniciación á seriación.
- Iniciación á lectura de etiquetas.
- Iniciación ó razoamento lóxico.

GRAFOMOTRICIDADE 2.


Ao longo deste trimestre traballaremos:
- A iniciación ás combiacións de trazos verticais, horizontais e oblicuos.
- O trazo curvo, libre e dirixido.
- A iniciación á combinación de trazos curvos.

Con isto preténdese:
- Iniciar aos nenos/as na realización de trazos grafomotrices.
- Desenvolver a cordinación óculo.manual.

PI E PA CON NATALIA

Natalia pasou un entretido fin de semana con Pi e Pa. O venres presentoullos aos seu pais e levounos ao seu cuarto cos outros xoguetes.
O sábado foron visitar o Belén de Begonte onde puido ver as figuriñas en movemento, cómo se facía de noite,etc. O domingo pasárono na casa xogando toda a tarde no seu cuarto.

¡FELIZ DÍA DE REIS!

A IMPORTANCIA DA ALIMENTACIÓN NA IDADE ESCOLAR

Nesta etapa é necesario apoiar o crecemento. Unha alimentación variada e equilibrada é a clave na casa e na escola.

A idade escolar é unha etapa da vida caracterizada polo crecemento contínuo (de 5 a 6 cm por ano) e onde se produce un aumento de peso aproximado de 2 kg. anuais durante os primeiros anos. Ao mesmo tempo, prodúcese un aumento progresivo da actividade intelectual e un maior gasto calórico pola práctica deportiva e dos seus xogos preferidos, polo que as racións aumentan.
Unha boa alimentación nesta etapa da vida caracterízase por:
- Facilita un crecemento óptimo.
- Evita as carencias de nutrientes e enerxía.
- Prevén e corrixe problemas específicos relacionados co estado nutricional.
- Disminúe o risco de aparición de enfermidades na idade adulta.
- Comer en familia é a mellor forma de educar para adquirir hábitos saudables que repercuten no comportamento nutricional e a súde a corto, medio e largo prazo.