Para celebrar o nadal, os mestres e os nenos/as de educación infantil xuntáronse para degustar productos típicos destas datas: polvoróns, turronciños...
UN NACEMENTO MOI ESPECIAL
Os nenos/as de E. Infantil fixeron unha representación moi especial do nacemento de Xesús. San Xosé, a Virxe Mª, o neno Xesús, os Reis Magos, os pastores... todos vestidos de piratas...
3ª FESTA DE CUMPREANOS
Celebramos a festa de cumpreanos de LUCÍA, UXÍA, CLAUDIA, DELIA e ALICIA.
Invitáronnos a galletiñas saladas, gusanitos, patacas, zumos e unha tarta deliciosa...
¡MOITAS GRAZAS A TODAS!
PANXOLIÑAS DE NADAL
Como xa está ahí o Nadal estamos aprendendo algunhas panxoliñas típicas destas datas. Esta gústanos moito...
TOCANDO A PANDERETA
Iniciámonos na expresión musical facendo música cun instrmento musical propio destas datas de nadal: A PANDERETA.
PAPELOTE VAI Á CASA DE TEO.
Teo levou a Pepelote a pasar a fin de semana a súa casa. Teo ensinoulle a facer bizcoitos, montaron a árbore de nadal e celebraron o cumpreanos do pai de Teo.
A pesar de que o tempo non foi moi bo, porque choveu todos os días, pasárono moi ben.
SOMOS ARTISTAS!
Para achegar aos nenos/as un pouquiño máis ó arte ensinámoslles un cuadro pintado polo pintor Velázquez: Las Meninas.
E tamén puidemos aprender unha canción relacionada con este artista:
Velázquez es un pintor,
que pintó Las Meninas.
Las Meninas es un cuadro,
que está en el museo de "El Prado".
E como verdadeiros artistas, tocounos pintar as nosas propias obras de arte...
TODOS SOMOS AMIGOS!
Nesta ocasión xogamos ao xogo dos "abrazos" que nos fixo pasar un rato moi entretido porque...
... TODOS SOMOS AMIGOS!
FLUORIÑO E CEPILLIÑO NA NOSA AULA.
A saúde bucodental é un aspecto fundamental da saúde e do benestar xeral da sociedade.
Polo tanto é importante concienciar aos nenos e nenas da importancia do cepillado despois de cada comida, como medida preventiva para evitar a carie.
Para iso, repartimos entre os nosos alumnos/as cepillos(subministrados polas consellerías de Educación e Sanidade) e coñecimos a FLUORIÑO, un tubo de pasta detal moi amigo d tódolos nenos/as e superprotector da nosa dentadura, e ao seu compañeiro inseparable CEPILLIÑO que nos ensinaron cousas de gran importancia para a nosa saúde bucodental.
XOGANDO COA NEVE
Aproveitando a situación metorolóxica dos últimos días...
falamos da "neve": das distintas sensacións que nos provoca ó tocala: frío,...
E ata fixemos o noso "bonequiño de neve"e con nariz incluída( gracias a Teo, que nos trouxo unha cenoria da súa avoa)...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)