OBRADOIRO DE CONTACONTOS I

O pasado xoves recibimos a visita dunha fantástica contacontos, Begoña, a mamá de Nuria Gil.
Contounos o conto de PINOCHO, excelente conto para ensinar aos nenos/as valores como a obediencia, a xenerosidade e a sinceridade e o perdón.
En definitiva, plasma a realidade actual para moitos nenos/as na nosa sociedade.

Disfrutamos moito e esperamos que o próximo contacontos non tarde moito en volver.

A RITMO DE PANDEIRO E AXÓUXERES

Nesta ocasión traballamos e expresión co movemento. A través de diversas actividades popostas os nenos/as foron adaptando os seus movementos corporais ao ritmo del dous instrumentos musicais: o PANDEIRO e os AXÓUXERES,contribuíndo deste xeito á potenciación do control rítmico corporal.

A IMPORTANCIA DOS CONTOS EN ED. INFANTIL

 A lectura é unha gran aventura que comeza na infancia e non remata nunca, mais o hábito de ler non se improvisa, hai que adquirilo paulatinamente para que estea sempre presente nas nosas vidas.
Os contos en educación infantil son un medio excelente para despertar a imaxinación, aprender diversos conceptos culturais e involucrar indirectamente aos nenos/as no mundo da ciencia, da xeografía, da natureza,... e estimular o seu lado sesible e crítico das cousas.
O primeiro contacto dos nenos/as coa literatura é a través das cancións de cuna, da literatura oral. Maís tarde será o conto narrado ou lido polos seres queridos. Logo, no colexio, o libro transfórmase nun xoguete máis ao seu alcance...ata o momento que logren descifrar po sí mesmos as primeiras letras, descubrindo deste xeito un mundo fantástico.

É nesta etapa onde os pais/nais debedes aproveitar ese instante lúdico de descubrimento para reforzar ao neno/a o hábito da lectura.
Para iso, nos próximos meses, os xoves, imos realizar os obradoiros de contacontos, no que teredes a posibilidade de participar na vida na aula dos vosos nenos/as contándolles un conto. Se estades interesados nunha data en particular non dudedes en comentarmo. ¡Esperámosvos!

DESFILE DE COMPARSAS

O Venres pola mañá participamos no desfile de comparsas, de disfraces elaborados con material de refugallo.

FESTA DE ENTROIDO E CHOCOLATADA

O pasado Xoves pola tarde puidemos desfrutar dunha entretida festa de entroido, na que todos/as puidemos converternos por unhas horas nos persoaxes máis desexados: fadas, princesas, piratas,...

E ademáis puidemos degustar un delicioso chocolate elaborado polos profes.

XOGAMOS CO NÚMERO DOUS

Unha das mellores formas de ir desenrolando nos nenos/as o gusto e interés polos números e a través do xogo.

A través deste xogo traballamos a direccionalidade do número dous. Para iso realizamos un "dous xigante"con folios brancos para que os nenos/as fixeran o percorrido partindo da frecha.

S.O.S. ÁFRICA

S.O.S. ÁFRICA é unha campaña popular de solidariedade de recollida de roupa e zapatos usados.
Podedes colaborar nesta campaña levando ao cole bolsas de roupa e calzado usados. Gracias á vosa coaboración miles de persoas(sobre todo nenos/as) terán unha vida moitísimo mellor en África.
¡GRACIAS pola vosa colaboración!

XOGANDO NO TAPIZ

As figuras xeométricas son un dos temas ímportantes na Educación Infantil, xa que son algo moi unido á vida cotiá e ao desenrolo social do neno/a.
Un dos principais obxetivos é introducir ao neno/a no desenrolo do pensamento lóxico-matemático e no coñecemento das figuras xeométricas básicas.
Nesta ocasión reforzamos o coñecemento da forma circular a través de diversos xogos nun tapiz xigante,con debuxos de círculos de diversas cores, no que os nenos/as puideron experimentar de xeito gratificante e por sí mesmos.