O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL


O Martes, 23 de xunio de 2009 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica no DIARIO OFICIAL DE GALICIA o Decreto 330/2009, do 4 de xunio, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 6, define o currículo como o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación. Asimismo, establece que lle corresponde ao goberno fixar os aspectos básicos do currículo que constitúen as ensinanzas mínimas para todo o Estado, sendo competencia das diferentes administraciós educativas determinar o currículo para os seus respectivos ámbitos territoriais. En virtud destas competencias, correspóndelle á Administración educativa galega establecer o currículo do primero y do segundo ciclo de educación infantil. Deste último forman parte as ensinanzas mínimas fixadas no Real decreto 1630/2006, de 29 de decembro.

No presente decreto establécense para o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os principios xerais, fins e obxectivos referidos ao conxunto da etapa.
Ao establecer o currículo da educación infantil preténdese garantizar unha educación común ao conxunto da población e asegurar unha educación non discriminatoria que considere as posibilidades de desenvolvemento do alumnado, sexan as que sexan as súas condicións persoais e sociais -capacidade, sexo, raza, lingua, orixen sociocultural, creencias e ideoloxía-, mediante o exercicio de actuacións positivas ante a diversidade do alumnado.
O currículo desta etapa oriéntase a lograr un desenvolvemento integral e armónico da persoa nos distintos planos -físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo- e a procurar os aprendizaxes que contribúen e fan posible dito desenvolvemento.
Os aprendizaxes da etapa preséntanse en tres áreas diferenciadas das que se describen os obxectivos xerais, contidos e criterios de avaliación; non obstante, boa parte dos contidos dunha área adquire sentido dende a perspectiva das outras dúas, coas que está en estreita relación, dado o carácter globalizador da etapa.
A organización en bloques establecida neste decreto ten como finalidade a presentación dos contidos de forma coherente. Posibilítalle ao equipo docente a planificación e o deseño dun esquema de interrelación e de transacción entre os bloques propuestos que reflexe a globalidade da acción dos aprendizaxes das nenas y dos nenos.
A avaliación terá como fin a identificación dos aprendizaxes consolidados polo alumnado, así como a valoración do desenvolvemento alcanzado. Ten, polo tanto, un carácter netamente formativo. Nesta formulación, os criterios de avaliación concíbense como unha referencia para orientar a acción educativa.
Os centros educativos xogan tamén un activo papel na determinación do currículo, xa que lles corresponde desenvolver e completar os currículos que se establecen. Se ben a educación infantil constitúe unha etapa educativa cos seus propios obxectivos, na que se debe cuidar a transición entre os ciclos, non se pode olvidar que se trata dunha etapa que ten a suúa continuidade na educación primaria. Esto esixe a coordinación entre ambas etapas. Coordinación que en ningún caso se entenderá como supeditación dunha etapa a outra, senon como un instrumento que asegure a coherencia dos procesos educativos iniciados.
Nesta etapa, máis que en calquera outra, desenvolvemento e aprendizaxe son procesos dinámicos que teñen lugar como consecuencia da interacción co entorno. Cada nena e cada neno ten o seu ritmo e o seu estilo de maduración, desenvolvemento e aprendizaxe; por iso, a súa afectividade, as súas características personais, as súas necesidades, intereses e o seu estilo cognitivo deberán ser tamén elementos que condicionen a práctica educativa nesta etapa. Un currículo aberto servirá como instrumento fundamental para dar unha resposta axeitada ao tratamento da diversidade. No proceso educativo desta etapa adquire unha relevancia especial a participación e colaboración coas familias. Na nosa sociedade a transformación histórica do medio familiar e social leva a que a escola comparta coa familia o papel de proporcionarlles aos nenos e ás nenas experiencias que faciliten os seus primeros aprendizaxes. En todo caso, familia, escola e os demáis axentes educativos deben formular a súa actuación de forma coordinada e complementaria, buscando a colaboración e a coherencia nas súas intervencións.
O presente decreto establece aqueles elementos do currículo que teñen carácter prescriptivo para todos os centros (objetivos, contidos e criterios de avaluación das áreas), pero inclúe tamén outros elementos de carácter orientador (orientacións metodolóxicas, contribucións ás competencias básicas). Tanto uns coma outros pretenden axudar aos profesionais na tarea de concreción e adaptación do currículo ao seu contexto e alumnado.
Neste decreto determínase o currículo do primeiro e do segundo ciclo, e a contribución da etapa educativa á adquisición das competencias básicas, que se publican como anexos ao mesmo.